Pensadores

Don Platón era:
Fillo de Aristón e de Perictione, foi inicialmente discípulo do filósofo Crátilo, que seguía o pensamento de Heráclito de Éfeso.

Na súa xuventude, no 407 a.C., Platón entrou a formar parte do grupo de Sócrates, e a influencia deste filósofo foi determinante para o conxunto do pensamento platónico. Despois da morte do seu mestre, Platón refuxiouse en Mégara, e máis tarde ao sur de Italia, onde coñeceu ao filósofo pitagórico Arquitas de Tarento. Foi tamén a Siracusa, na illa de Sicilia, e ao norte de África.

Nesta época comeza a escribir os seus primeiros diálogos. No ano 388 a.C. viaxou de novo a Sicilia, e intentou influír na política de Dionisio I, que o desterra.

Platón chegou a ser vendido como escravo. Por sorte a compradora recoñeceuno e liberouno de contado.

No ano 387 a.C., Platón fundou en Atenas a primeira escola filosófica: a Academia. Esta escola adicouse ao ensino por un longo período de tempo ata que, en 367 a.C., Platón partiu para Siracusa coa esperanza de implantar alí os seus ideais políticos. Dionisio I, o tirano local, morrera, e coa sucesión de Dionisio II, había unha oportunidade para mudanzas na política local. A viaxe de Platón, con todo, foi inútil. Ningunha mudanza fora posible. Decepcionado, o filósofo retornou para Atenas.

Nos últimos anos, Platón continuou a filosofar. Reconsiderou e reelaborou posicións anteriores e ocupouse tamén de novos problemas. A súa última obra, as "Leis", trata da preocupación fundamental de toda a súa vida: a política. O seu discípulo máis famoso foi Aristóteles.


Platón opinaba que o ben non era algo subxectivo nin relativo, como pensaban os Sofistas. O ben era algo real, inmutable e obxectivo, non dependía das opinións particulares das persoas, xa que para Platón o ben existía independentemente das cousas boas que as persoas ven no mundo, nun mundo aparte ao que denominou Mundo das Ideas.

O Mundo das Ideas (ou Hiperuraneo) son as formas ideais de aquilo que as persoas ven e senten. É dicir, aquilo que perciben coas súas sensacións, son meras sombras das Ideas perfectas desas mesmas cousas. Esta filosofía de Platón tamén é coñecida como Teoría das Ideas.


__________________________________________________________________________________

P.d.: Profe recorde que mañá temos exame de filosofía e entra Platón, asi que recorde que somos os mellores e que nos merecemos un 11 na nosa nota.
.Leal&Dasi.